(Colección variada de poemas)
Paseniño, amor.Un camiñar discreto
polas estrelas
***
Sobre as pedras
vibrantes do lago
das bágoas sen fin,
a cinza
das pólas en outono,
as pernas abertas,
nin por un amante,
nin por un fillo,
trocan en arco sobre o río
desa substancia
esa negra
que todo destrúe (pode que non)
***
Son lentas as caricias,
morno o paso do tempo
empapado en poetas
***
A túa pegada
semella a luz
ponte
entre as estrelas
Mañá gris
estala en lume,
arden os ventos,
as trabes e fiestras.
Fuxe a fume
entre o gres verdoñento
e regresa ó ceo
para escurecelo.
Tan só nun minuto.
***
Da face branca
e a man negra
á maza gris dá
raza florida
***
Anestesia en bágoas
Os ollos,
bandeiras
a media asta,
esquivas dádivas,
esperanzas.
(Bela a luz do sol
entre as pedras)
Iria Beltrán Gonzalo (Vigo, Galiza)«“En si está a súa esencia verdadeira. (...) Como sei que todo procede del? Por El mesmo.” Lao Tse.
Augas de Berilo, do que aqui se amosan uns anacos, é un poemario ou colección de poemas, que recolle unha serie de cavilacións acerca dos procesos da Natureza e introduce unha sorte de reflexos, de ruínas, ós ollos e oídos. O mundo é tomado coma unha sombra enteira, sen cova de Platón, dende a observación un tanto distante e asemade “arqueolóxica” dos naceres, dos praceres, das dores e das mortes que, nun momento concreto, aparecen á memoria coma reliquias de realidade.»
(Publicado em Elipse 5. Fevereiro 2016.
Sem comentários:
Enviar um comentário