Quérote libre
O teu corpo é un vimbio mecido polo ventolixeiro e sensual baixo a lúa de luz engalanada
gromo de fieito en espiral dourada
da túa pequena morte quero ata o último alento
Apuro con avidez do teu embigo volcánico e fecundo
o elixir que me alimenta e me dá vida
debuxo filigranas na túa pel espida
e admiro a elipse dos teus seos rotundos
Quérote amante, e libre e poderosa
sen cadeas que cingan os teus pulsos
quérote viva no teu vivir convulso
para cruzar contigo a noite tenebrosa
Impaciencia, amor, dor, ausencia
palabras novas no meu vocabulario
bebo sorbo a sorbo este fértil silabario
que recito, e gozo, coma unha doce penitencia
Manuel Blanco Rivas (Galiza)
(Publicado em Elipse 4)
Sem comentários:
Enviar um comentário