quinta-feira, 3 de dezembro de 2015

Berro de Amor

Berro de Amor

A da miña ten na súa, substrato animista ­­-non pode ser doutro xeito: a convivencia cos animais, a fonte cega, o lume da cociña de_ferro, velar os mortos na casa, dan arcanas sabenza e_percepción-,  cun minguante catolicismo devoto de rosario e internado,  e o seu  humanismo laico, crítico, feito a base de aluvións e tropezóns de realidade: as_evanxélicas cruzadas, as de Terra Santa e a do 36, a lascivia e_a_crueldade duns Borgia sentados na cadeira de Pedro, hoxe a manda de cregos pedófilos…
Xogo co malentendido, non falo de min senón da fe da miña muller, ora que o da súa fe é só un pretexto para entrar en materia, seica  o meu inicio sexa extravagante e máis axeitado coa intención do escrito sería falar da_súa forma de sentir, da súa voz, ou de calquera dos moitos dons que de natural posesión goza, pero estaríamos no mesmo, un artificio que permite un comezo. Espero non caer no panexírico,  ou na glosa de santa, nestas palabras  que me dan a oportunidade de dirixirme a todos, son un medio para lle cantar.
Oxalá tivese a lírica dos do leixaprén, eu que son consciente do uso e abuso do posesivo miña. Mais con perdón ou sen el, de académicos ou das_de Femen -sabedoras estas que este posesivo ten moito de encofrado ou gaiola-, a rachar pulmóns, todo potencia sen asomo de dúbida ou_timidez, eu berro e propago: miña.
A Elís, miña muller meiga, na noite de moitos excesos de aninovo, con todo meu amor, cun cativo propósito de mellora tras esta quincena xuntos: as nosas esperanzas non se consuman na loita cotián pola supervivencia.


M. Pardo (Galiza).
(Públicado em Elipse núm. 3)

Sem comentários:

Enviar um comentário