Pertenza. Performance. |
Sandra Carballa (Meis, Galiza)
»...Non foi ate os 25 anos que ingresei na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na que realmente abriuse un abano de posibilidades para a creación. Este período axudoume a atopar os meus recursos para traballar. Así,cunha bolsa ERASMUS, fixen un taller de ferformance en Irlanda, e unha posta en escena dos resultados cunha performance chamada "Unha cousa non quita á outra". Após disto participei en Pontevedra en "Desfunción". Fixen estoutra performance que aparece aquí,"Pertenza". E sigo facendo, sempre que podo, pequenas accións que poden coincidir con inauguracións de exposicións, coma a última no bar "A Trastenda" onde a acción consistía en facer unha presentación da miña obra en galego, castelán e inglés, titulada "Stupid Trilinguism". Ou outra titulada, "non podo, estou fregando" onde pasei toda unha inauguración fregando pratos...
Sem comentários:
Enviar um comentário