quarta-feira, 4 de março de 2015

Mudan as rúas

Mudan as rúas


Miña rúa rúa das Rodas
Miña  rúa Rúa dos carros
Ai!, bo camiño que fun
camiño que fun
alá na ría, miña rúa levaba
na súa horta alá no campo
ata ó chan da marea baixa

Ola!, benquerido amigo, onde vas?
Ola! Mariña, como está vostede?
Así de carcamán na miña vila
non te falo, enfógome no San Mauro
vou no Cabanyal xunto a miña moza
aperta de miña parte, eu querovos moito,
grazas grazas Mariña o teu cariño chega ao porto

Miña rúa rúa das Rodas
Miña  rua Rúa dos carros
Ai!, bo camiño que fun
camiño que fun
alá na ría miña rúa levaba
na súa horta alá no campo
ata ó chan da marea baixa.

E logo agora ónde ondea a gaivota?
de Priorato ao consistorio ata a feira
meu ben faise auga na boca
xa! xa!, entón da Pastoriza ti non falas nin andas
que si!,  que si!, hoxe na mañán cedo de alá volvín
dende a rúa nova do San Mauro fun rúa adiante
ai! rúa das Rodas rúa do meu carro
rúa que fun na miña memoria.

Miña rúa Rúa das Rodas
Miña  rua Rúa dos carros
Ai! bo camiño que fun
camiño que fun
alá na ría miña rúa levaba
na súa horta alá no campo
ata o chan da marea baixa.

(Publicado em Elipse n.º 2, fevereiro de 2014)

Abdoulaye Bilal Traoré (Senegal)

Sem comentários:

Enviar um comentário